Martes. 14.05.2024
El tiempo

Vimianzo prepara un Nadal festivo e solidario

Vimianzo prepara un Nadal festivo e solidario
Plataforma-Solidaria-de-Vimianzo

A Plataforma Solidaria de Asociacións de Vimianzo está traballando na organización dun segundo Festival Solidario para o Nadal, que se celebrará no Auditorio da Casa da Cultura o domingo 28 de decembro, no que se pretende acadar o éxito do Nadal pasado .

Cun completo programa de actuacións de artistas locais de diferentes estilos: Jazz Band Taninos Maduros, Grupo de Baile Galego Foliada de Salto, Irma Maceiras, Serj, Grupo de Zumba de Vimianzo, AC Trubisquiña, Rosa Oreiro, Demostración de primeiros auxilios da Cruz Vermella, Escola de baile Airiños do Río Grande, Jaime de Vilaseco, Gaiteiros O Revoltixo de Carantoña, Suso Andrea, Acordeonistas Serrín e Virutas, Charanga Escáldalo, e tamén, e non podían faltar, os membros do Teatro du Cherinkas, os organizadores agardan que o Auditorio quede pequeno por unha boa causa.

Os cartos recadados coa entrada simbólica e a venda de rifas para un sorteo presencial de agasallos doados polos empresarios e comerciantes serán entregados a Cáritas Vimianzo e á Cruz Vermella para paliar as demandas daquelas persoas máis necesitadas.

Ademais da recadación económica, faise unha campaña de recollida de alimentos, cuxo reparto xestionarán as mesmas entidades, que se levará a cabo nos centros escolares, nas igrexas e a través das asociacións que desexen participar.

Calquera persoa, asociación ou empresa, que o desexe, pode participar con esta Plataforma, ben sexa doando agasallos ou axudando en calquera das actividades programadas, poñéndose en contacto co Departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios