Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A ceense Alexia Mariño gaña un certame universitario con esta curta sobre a doazón de médula ósea

Alexia Marino
A ceense Alexia Mariño gaña un certame universitario con esta curta sobre a doazón de médula ósea

Este interesantísimo vídeo que a Asociación de Doantes de Órganos e Sangue (ADOS) vén de publicar, ten adn costeiro. Alexia Mariño, natural de Gures (Cee), foi a creadora do mesmo, e con el gañou un certame universitario de curtametraxes organizado pola propia ADOS para visibilizar a importancia da doazón de médula ósea.

Esta estudante de Comunicación Audiovisual na UDC leva facendo vídeos dende que comezou a carreira para diferentes traballos, pero este foi o primeiro que presentou para un certame. E semella que terá que seguir probando, porque esta curta de animación 2D é tremendamente visual. Recolle a historia ddunha nena que lle gustan os deportes, pero un día cae, ten que ir ao Hospital e detéctanlle que necesita un transplante de médula, e aí comeza a información de como facer doador.

Comentarios