Os centros de Ensino quecen motores para o Entroido de Cee
Este Sábado de Piñata será a gran festa do Entroito de Cee. O polideportivo acollerá o gran desfile e concurso de comparsas. Pero durante todos estes días, os centros de ensino e os centros de discapacidades especiais xa foron celebrando estas divertidas festas.
Como os amigos de APEM, que celebrou este martes a festa de disfraces, cunha obra de teatro interpreado polos propios usuarios, titulada "Cambiouche ben o conto”. Ademais, disfrutaron como ananos coas filloas e orellas.
Tamén a familia de Aspadex disfrutou dunha festa por todo o alto, como se pode ver nestas caras de alegría.
De coles
Ademais o pasado venres os coles celebraron o seu Entroido. O CEIP Eugenio López puido saír á rpaza do Concello para levar todo o equipo de Vikingos , castrexos e cabaleiros medieivais. Este ano foi en clave de historia.
Os nenos e nenas do Cole de Brens disfrazáronse de médicos nunha comparsa que reinvindicou a importancia da Sanidade Pública e a necesidade de profesionais. Interpretaron cancións en galego, castelán e inglés sobre os hábitos saudables e a importancia de acudir ao médico. Ademais realizouse un simulacro de reanimación cardiopulmonar (RCP). Participou todo o alumnado de tres a oito anos ne como remate de festa bailaron animadas cancións e posaron no photocall que simulaba un hospital e unha consulta médica.
Tamén disfrutou do seu Antroido o CPR Manuela Rial.Dous festivais en dous espazos ben diferentes puxeron colofón a unha semana de moito traballo e actividade de toda a comuinidade educativa.
No pavillón polideportivo o alumnado da ESO tivo o seu concurso de comparsas. Actuaron ao abeiro da música e mereceron o recoñecemento dun experto xurado.
Nun Salón de Actos ateigado de nais e pais, foron os cativos e cativas der Infantil e Primaria quen mostraron as súas propostas cheas de creatividade e colorido.