Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O certame de Achegamento ao Libro centra as Letras Galegas de Cee

Banda Municipal de Cee 2023 copia
O certame de Achegamento ao Libro centra as Letras Galegas de Cee

Do 11 ó 31 de maio a Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán de Cee acolle unha Mostra sobre a figura, vida e obra de Francisco Fernández del Riego. Estará formada por diversos carteis informativos editados pola Secretaría Xeral de Politica Lingüística da Xunta de Galicia e libros do fondo bibliográfico da propia biblioteca ceense.

A programación ceense complétase este venres 12 de maio coa visita ás 11.00 horas do espectáculo de Caxoto “A trastenda dos contos: unha galaxia chea de estrelas”.

E xusto despois terá lugar a sempre emotiva entrega dos premios dos concursos que cada ano convoca a Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán: XXXII Concurso de Achegamento á Lectura da Biblioteca ceense. Este ano, será a primeira vez que Mon Senra Rey non poderá estar por nos máis de 30 anos que leva organizando este certame.

Este ano, o número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2023 foron un total de 217 traballos (dos que 1116 son para “A Procura do Marca-Páxinas), procedentes dos centros educativos CEIP Brens, CEIP Vilarmide e colexios Vila de Cee e Manuela Rial Mouzo.
Cifras coas que suman, nos 32 anos de vida (1992-2023) destes certames, un total de 8.055 traballos presentados.

Máis actividades

O propio mércores 17 de maio, a partir das 12.30 horas, as rúas e prazas de Cee encheranse coa música tradicional galega soará da man de varias agrupacións: A.R.C.E. Pedras Míudas - Mestura Fol - Nin Chica nin Patacón.

Xa o sábado 27 de maio, ás 20.30 horas. Praza da Constitución (Auditorio en caso de mal tempo), non faltará o Concerto da Banda de Música de Cee, especial música galega.

 

Máis info: Letras Galegas: Quen foi Francisco Fernández del Riego?

Comentarios