Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Letras Galegas: Quen foi Francisco Fernández del Riego?

Letras Galegas 2023
Letras Galegas: Quen foi Francisco Fernández del Riego?

Coa axuda de Víctor Castiñeira, técnico de Cultura do Concello de Cee e do Concello de Zas, facemos un repaso á figura á que a Real Acadade Galega acida este Día das Letras Galegas 2023. 

Francisco Fernandez del Riego-Letras Galegas 2023

Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010), foi, sen lugar a dúbidas, unha das personalidades de referencia na historia do galeguismo e da cultura galega do s. XX.

Fundador, entre outros, da Editorial Galaxia, da que chegou a ser director xerente, compartiu tamén a dirección da revista Grial co intelectual Ramón Piñeiro durante os seus primeiros 100 números.

Figura elixida para homenaxear nas Letras Galegas 2023, del Riego foi ademais presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001, así como director da Fundación Penzol desde a súa fundación ata 2009.

Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada na cultura e na literatura galegas, da que forman parte títulos como Escolma de poesía galega: os contemporáneos (1955), Manual de historia da literatura galega(1971), O cego de Pumardedón ou Xeración Galaxia (1996).

Letras Galegas Zas 2023 2
Feito polo departamento de Cultura de Zas

Toda a Axenda das Letras Galegas

Comentarios