Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A CIG saca músculo polo 1 de maio e protesta pola carestía da vida

Concentracion CIG 1 de Maio 2023 Cee 3
A CIG saca músculo polo 1 de maio e protesta pola carestía da vida

“1 de maio, a loita continúa”. Ese foi un dos berros principais que se escoitaron este luns 1 de maio na Praza Otero Lastres de Cee. Máis de 200 persoas secundaron a mobilización convocada pola CIG no marco do Día do Traballador, con pancartas e bandeiras, demostrando que a loita sindical na comarca segue viva.

Baixo o lema “Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas”, a central sindical rexeita as políticas económicas dos gobernos galego e español, “incapaces de enfrontar a grave carestía da vida nin frear o aumento das desigualdades e da pobreza”.
Critican que a suba dos prezos e da inflación, nomeadamente de bens e produtos básicos de consumo “está a causar unha importante deterioración nas condicións de vida da clase traballadora e da maioría do pobo galego”.

Concentracion CIG 1 de Maio 2023 Cee

”Compre seguir fortalecendo este proxecto sindical nacionalista e de clase, creando organización, porque a solucións non viran por concesións do poder político ou económico, senón que dependerá da nosa capacidade de mobilización”, sinalizaba Xabier Santos.

Concentracion CIG 1 de Maio 2023 Cee 2

Comentarios