“Colgados” na Cascada do Xallas
Esto é o "quen dá máis". Se a semana pasada disfrutabamos co descenso rapelando polo medio e medio da fervenza do Ézaro, hoxe colgámonos nun par de cadeiras de praia a unha boa altura para vela ben. A idea era precisamente esa, a de disfrutar, coma dunha terraciña de verán se tratase, das mellores vistas da impresionante fervenza do Xallas.
E a impactante imaxe fala por si mesma: "un fermoso escenario de natureza misturado con aventura, risco, espectacularidade e sosiego. A tranquilidade de observar a bravura do medio natural, sentado nunha cadeira a uns cantos metriños do chan e debaixo dos teus pés a auga rompendo e metendo o medo no corpo de verte como una araña colgando dun fío".
E se tremendas son as fotos que puidemos sacar dende embaixo, espectaculares o son tamén as que nos mandan dende a súa terraza particular os intrépidos nicrarienses Rubén Suárez Carballo e Jorge Fernández Cobas. Estes especialistas en escaladas de risco xa teñen visitado países como Perú, e subido picos de máis de 5.000m. Pero para este par de bombeiros, estes retos na terra tamén son importantes.
E menos que non pasou nada, porque atrancos houbo algúns. Tras facer varios enganches na dura rocha granítica do Monte Pindo, houbo varios problemas coas cordas. Dunha volta enganchouse e o propio Rubén fixo un péndulo que fixo tremer aos turistas que divisaban coa boca aberta esta escena:
Proxección
A idea dos nicrarienses é xuntar un bo feixe de imaxes de aquí e dacolá e facer unha proxección sobre a maxestuosidade do río Xallas.
"Dile al sol"
E de paso, apuntamos que xa coñecimos a Rubén Suárez Carballo en numerosas ocasións. Ademais de exercer de bombeiro en Cee, xa o limos a través da súa bitácora "Dile al sol", onde nos ofrece a visión dun veciño, viaxeiro e peregrino, chegado á fin do mundo.
Máis imaxes impactantes
Novas relacionadas
- Escalando o Océano do monte Pindo .
- Barranquismo de risco pola Fervenza do Ézaro.
- De barranquismo polo río Miñóns.
- A Costa da Morte afía o vento para a I Travesía de Kitesurf.
- A bitácora da semana (CVIII): Dile al sol .
- De barranquismo en Ameixenda .
- Resucitou a Fervenza do Ézaro.
- Bombeiros de todo o país colocan Ponteceso no centro do deporte multiaventura .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).