Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Comité de Xeal denuncia un presunto caso de acoso sexual dun alto cargo próximo á dirección

Os traballadores lamentan a falta de apoio de PSOE e PP na Deputación e continúan coas mobilizacións
Fabrica de XEAL
O Comité de Xeal denuncia un presunto caso de acoso sexual dun alto cargo próximo á dirección

Grave acusación a que vén de facer o Comité de XEAL. Dúas traballadora veñen de denunciar a un superior próximo á dirección, unha por un presunto caso de acoso laboral, e outra por un presunto caso de acoso sexual. “Non imos consentir que se produzan situacións machistas nas fábricas”, sinala o Comité, que lamenta que non se tomaran medidas contra o presunto agresor a pesar do “recoñecemento de conductas inapropiadas”.

Mobilizacións

Mentres, os traballadores continúan adiante co calendario de mobilizacións semanais e o próximo venres, 2 de xullo, o persoal concentrarase ás 14:45 horas, diante da fábrica de Brens.
Ademais de loitar polo mantemento das plantas e do emprego, o Comité segue esixindo a readmisión do traballador inxustamente despedido fai unhas semanas “pola política de persecución contra os traballadores e traballadoras iniciada pola dirección da empresa”.

PP e PSOE na Deputación

Onte debatíronse no Pleno da Deputación da Coruña os escritos que o comité de XEAL remitiulle aos diferentes grupos políticos con representación na deputación para que levaran a debate, declaracións en apoio ás reivindicacións do persoal.
Concretamente, o comité solicitaba da Deputación que se instara a Xunta de Galiza a que recoñeza a nulidade da operación de venda realizada por FerroAtlántica (Grupo FerroGlobe) a TPG-Ithaka, por non terse requirido a autorización administrativa previa correspondente, tal e como se requiriu no ano 1992 para a adquisición da entón Carburos Metálicos.

Pero o voto en contra o PP e a abstención do PSOE, a pesar de levar o asunto varias veces ao Parlamento, votaron abaixo o apoio do ente provincial.

Novas Relacionadas

Comentarios