Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un novo despedimento axita aínda máis a loita dos traballadores de XEAL

O Tribunal Supremo ratificou a denegación do recurso presentado no seu día por FerroAtlántica e continuado por XEAL contra a resolución de 2017 que impide a segregación das actividades
Concentracion en XEAL
Un novo despedimento axita aínda máis a loita dos traballadores de XEAL

Outro venres ás portas da fábrica de Brens. Pero a de onte non foi unha concentración máis. O novo despedimento ao longo da semana dun traballador axitou aos traballadores do Comité, que estrearon pancarta co lema “Contra a represión sindical. Despedido readmisión”.

Dende o Comité lembran que xa se levan eliminado 30 postos de traballo fixo e 80 eventuais, dende que o fondo de investimento Ithaka tense feito coa fábrica. Os últimos despedimentos, ademais, de carácter “disciplinario” segundo o comité.

Este feito, xunto á continua caída da produción dos fornos demostra que “as plantas de Cee e Dumbría funcionan como unha "maquila" de Ferroglobe, sendo este grupo o provedor exclusivo e o comprador único de toda a produción, constituíndo unha segregación encuberta das actividades”, como veñen denunciando dende hai meses. Algo agravado pola falta de compromiso de futuro nin do fondo norteamericano nin do propio grupo Ferroglobe.

Segregación

”O tempo danos a razón xa que se desde o proceso de cambio de titularidade se está a poñer en perigo a viabilidade das fábricas e o mantemento dos postos de traballo, requisito recollido no titulo concesional e en distintas sentenzas xudiciais xa firmes”. De feito, “hoxe mesmo fíxose público polo Tribunal Supremo a denegación do recurso presentado no seu día por FerroAtlántica e continuado por XEAL contra a resolución de 2017 que impide a segregación das actividades e obriga a manter os postos de traballo e garantir a viabilidade das fábricas”.

U-la Xunta?

Mentres ”a Xunta segue mirando para outro lado e seguir sendo cómplice destas actuacións”. “O Goberno galego ten competencias, tanto en materia industrial como sobre as concesións das centrais”, lembran, polo que piden que esixa o Plan de Viabilidade dunha vez.

Piden ademais da empresa “a inmediata posta en marcha dos fornos e a cobertura de todos postos de traballo destruídos na cadro de persoal, no emprego eventual e nas auxiliares desde xullo de 2019. Así mesmo, a inmediata readmisión do último traballador despedido”.

Piden máis compromiso e apoio dos Concellos da comarca, da Deputación da Coruña e do Parlamento galego.

Novo calendario de mobilizacións

De igual xeito, o comité de empresa ten convocado un novo calendario de mobilizacións que comezou hoxe, 4 de xuño, e terá continuidade todos os venres con concentracións, ás 14:45 horas, diante da fábrica de Brens (Cee).

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios