Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Consegue por Urxencias unha ecografía que levaba 5 meses esperando

  • “Están burocratizando a nosa saúde” o protagonista desta historia que reflicte o estado do noso sistema de sanidade público
Andres Mercante en Urxencias Ce
Andrñes Castro Fiuza este mércores en Urxencias ho HVdX
Consegue por Urxencias unha ecografía que levaba 5 meses esperando

Andrés Castro Fiuza levaba tempo con problemas de saúde. Unha estrana reacción no pescozo e no peito provocáballe unha especie de asfixia. Tras varias visitas, a médica de cabeceira solicitoulle unha ecografía, proba necesaria para resolver o diagnóstico. Pasaban os meses e os problemas de asfixia aumentaban, pero malia que acodía ao Hospital Virxe da Xunqueira cada mes para preguntar pola data da ecografía, o persoal do centro sinalaba que a “axenda está completa”.

Non lle daban cita nin para 2024. Canso de agardar, “están burocratizando a nosa saude”, critica ante as evasivas do sistema público de saúde, decidiu presentarse no Hospital e non marchar ata ter feito a ecografía. Canda el, colas de xentes con tempos de espera de ata 9 meses para facer unha proba…

Alí se prantou esta mañá de luns 12 de xuño, e deixou claro ás administrativas que non marcharía de alí ata ter feito a ecografía, ou polo menos cunha cita fixada. O centro chegou a chamar á Garda Civil, que acodiu para intentar sacalo, pero el non cedeu.

Ao final, fíxose certa esa frase que ás veces din os médicos, e que é exemplo do precario sistema sanitario: "Se fose por urxencias facíancha no momento, pero ao ser ordinaria, hai que esperar”. Non o pesou, prantouse en Urxencias.

Pasaron varias horas ata que aconteceu a milagre de Urxencias: “Fixéronme unha ecografía en urxencias, probas complementarias e me deron a alta con medicación. En resumo, casi hai que facer unha guerra para que che atendan…” lamenta Castro.

”O sistema non funciona, cada vez hai máis burocracia para unha cousa simple e o que menos importa e o sufrimento e a saúde da xente. Agora é todo e negocio”, critica.

Comentarios