O Conselleiro Román Rodríguez visitou Cee

Visita institucional este pasado venres en Cee, que serve tamén para facer campaña ao PP local. O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres a localidade de Cee, onde mantivo reunións con representantes da parroquia, responsables da Fundación Fernando Blanco e tamén das asociacións Paseniño, de Cee e Ruiseñor, de Corcubión.
Acompañado polo candidato do PP á alcaldía de Cee, Jesús Picallo, varios rexedores e membros da Parroquia Santa María da Xunqueira, Román Rodríguez escoitou ao párroco, Desire Kouakou, agradecer o traballo da Xunta de Galicia ao longo do Xubileo Mariano.
Posteriormente, visitou o Museo Fernando Blanco, en compañía do secretario da Fundación Fernando Blanco, Darío Areas, e da directora do IES Fernando Blanco, Chelo Trillo, entre outros.