Venres. 19.04.2024
El tiempo

Conta atrás para a reapertura da piscina en Cee

Conta atrás para a reapertura da piscina en Cee
Piscina-Municipal-de-Cee Piscina-Municipal-de-Cee O Boletín oficial da Provincia fai realidade este mercores o desexo de non poucos veciños e veciñas de Cee, ou alo menos o inicio do fin a unha situación coma pouco bochornosa e que a comarca leva vivindo dende hai xa 21 meses. O "Anuncio de Licitación da contratación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación na modalidade de xestión interesada do servizo de piscina municipal e outras actividades deportivas de Cee" que hoxe publica o boletín oficial provincial pon o primeiro escalón dun camiño longo e difícil, o da concesión a unha nova empresa dun dos servizos con mais demanda no sur da Costa da Morte e o da asuncion dos custes que conlevará poñer de novo en marcha unhas instalacións que non levan nada ben as longas paradas e o abandono. Dende que o 4 de Abril de 2016 os traballadores/as da xa extinta Aquacenit comezaran unha folga que remataría en peche definitivo a piscina non recibió ningún tipo de mantemento ou conservación. Ainda mais, segundo diversas testemuñas que foron quen de entrar as instalaciones dende aquel momento, tanto o ximnasio coma outras zonas foron totalmente valeriadas da maquinaria por valor de decenas de miles de euros que o concesionario considerou da súa propiedade. De igual xeito, as caldeiras e demais sistemas para o mantemento, climatización e demais maniobras de uso da piscina levan tamen eses 21 meses sen ningun tipo de control ou mantemento. No prego de condicións feito público este mercores, o Concello de Cee oferta a "xestión interesada do servizo municipal de piscina cuberta municipal de Cee e outras actividades deportivas". Con este fin, o goberno municipal inicia un "Procedemento aberto con tramitación ordinaria e varios criterios de adxudicación" para un contrato por "seis anos contados desde a data da súa formalización e establecendo "como contía total, e como valor estimado do contrato a achega máxima que debe asumir o Concello en caso de resultar negativa a conta de liquidación do adxudicatario, 80.000 euros/anuais que incluídas as prórrogas ascenda á cantidade máxima de 720.000 euros" A empresa que finalmente acceda a este contrato deberá cumprir uns criterios que inciden en tres aspectos concretos:
  • O plan de aperturas, con indicación dos mecanismos e plans determinados para a apertura do complexo deportivo, con especificación das ofertas e posibles xornadas de portas abertas.
  • Xornadas de promoción físico-deportiva (gratuítas) dirixidas a toda la poboación. Valoraranse os módulos de 45 minutos ofrecidos. Estímanse 40 módulos máximos de cesión valorándose en 0,25 puntos por cada módulo semanal ofertado durante todo el curso.
  • Programa de actividades e servizos: Teranse en conta a planificación dos distintos programas deportivos con indica- ción dunha descrición xeral, obxectivos, contidos, temporalización, destinatarios do programa, metodoloxía, recursos ma- teriais, recursos humanos e avaliación de cada actividade. Os licitadores incluirán a relación de equipamento deportivo dos diferentes espazos, sala de cardiofitness e musculación.
    Este tres aspectos son os que reciben unha maior puntuación de entre os diferentes criterios expostos polo Concello de Cee no prego que agora deberá recibir diversas ofertas nun prazo "expres" de 15 días, o que fai pensar na existencia dun/dunha empresa interesada e disposta a facerse cargo da instalación nas actuais condicións desta.

Comentarios