Venres. 29.03.2024
El tiempo

O medo ao Coronavirus xa comeza a incidir no turismo costeiro trala cancelación de todas as excursións do IMSERSO

Falamos con Ricardo Darriba, xerente do Hotel Insua, un dos afectados por esta medida do Ministerio de Sanidade, que desminte o bulo que percorre dende onte pola vila da Xunqueira: "Non hai ningún caso no noso hotel!!"
Comida de maiores no HOtel Insua
Imaxe dunha comida do Imserso no Insua dun ano anterior
O medo ao Coronavirus xa comeza a incidir no turismo costeiro trala cancelación de todas as excursións do IMSERSO

Como xa sabemos, o Coronavirus está a revolucionar a nosa sociedade. A pesar de ser un virus que na meirande parte da poboación pasará inadvertido coma unha simple gripe, o que realmente está alarmando é o seu alto grao de contaxio, que impide controlar a pandemia.

É por isto que o Ministerio de Sanidade ven de anunciar certas medidas de carácter estatal como a prohibición de voar a Italia ou a suspensión das viaxes do Imserso durante o mes de marzo, co fin de limitar a propagación do COVID-19, sobre todo nos grupos de risco, como son as persoas maiores con patoloxías cardiovasculares, respiratorias o inmunolóxicas previas. Esta última medida é unha das que afectará aos negocios da zona da Costa da Morte e que prexudicará enormemente o turismo.

 

Un exemplo disto é o Hotel Insua, ao que se lle cancelaron en torno a 1.000 comidas no seu restaurante que proviñan de excusións do Imserso. Segundo explica Ricardo Darriba, xerente do hotel, isto supón “un impacto económico importante, pero non só para nós. É un problema que vai afectar a toda a comarca”.

Ademais, isto non é un problema que atinxa só ao sector da hostalería exclusivamente, pois tamén afecta a ao resto de negocios da zona. Tal e como explica Darriba, isto é “unha cadea todo. Nós cada autobús que se aloxa no hotel, o último día sobre todo veñen cheos de bolsas de panadarías, de tendas, da carnizaría... Van a Cee e fan as súas compras ou saen polas tardes e consomen nos bares. Iso ao final é unha cadea e se a xente non ven, a xente non consome”.

Aínda así, e a pesares das cifras, para Darriba o realmente preocupante non son as excusións do Imserso senón o que esta situación de alarma e medo traia como consecuencia, sobre todo agora que se aproxima unha época como a Semana Santa. “Agora, a partir da semana próxima, comeza o período vacacional e se segue este medo rematarán cancelándose todas as viaxes en xeral, non só do Imserso, e isto é algo que se vai sentir en toda a comarca”, indica o xerente.

Unhas previsións que, de seguir así, levarán aos negocios a barallar en moitos casos a posibilidade de recortar o persoal. Ao preguntarlle por esta cuestión a Darriba, este afirmou que “probablemente si, pois, se non hai traballo, loxicamente as empresas terán que rematar recortando persoal. Iso está claro”.

Comentarios