Mércores. 09.10.2024
El tiempo

COVID: Só Cee e Muxía quedan no Nivel Máximo de restricións

Captura de pantalla 2021-09-01 a la(s) 08.35.45
Fonte: QPC a partir dos datos do Sergas
COVID: Só Cee e Muxía quedan no Nivel Máximo de restricións

120 casos menos ten a Costa da Morte con respecto á semana pasada. O que supón unha baixada de case 90 puntos na taxa de incidencia acumulada, que pasa a ser de aproximadamente 325 novos casos a 14 días por cada 100.000 habitantes. Así o reflecta a curva da gráfica, en claro sentido descendente.

Só o Concello de Muros sube en número de casos de manira notable, mentres no resto hai unha baixada pronunciada, agás concellos como Cee, Muxía, Santa Comba ou Carballo que se manteñen en cifras realtivamente altas.

Captura de pantalla 2021-09-01 a la(s) 08.35.54

Novo Mapa de restricións

A Xunta, que aínda non modificou os protocolos para a hostalería, si que actualizou o mapa de restricións, con moitas novidades do anterior mapa.

  • Nivel Alto (terrazas ao 75% e interiores ao 30%; e prohibidas as reunións de non convivintes entre as 1:00h e as 6:00): Cee e Muxía (saen Camariñas, Fisterra, Laxe e Vimianzo).
  • Nivel Medio (terrazas ao 100% e interiores ao 50%; e prohibidas as reunións de non convivintes entre as 3:00h e as 6:00): Camariñas, Cabana, Carballo, Corcubión, Muros, Malpica, Ponteceso, Fisterra, Santa Comba, Zas.
  • Nivel Baixo (terrazas ao 100% e interiores ao 75%, e prohibidas as reunións de non convivintes entre as 3:00h e as 6:00): Laracha, Coristanco, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Laxe, Vimianzo.

As limitacións xerais seguen sendo as mesmas: límite de reunións de 6 persoas en interior e 10 en exterior (ou terraza), hostalería aberta ata as 1:00h.

Novas relacionadas

Comentarios