venres. 24.01.2025
El tiempo

O CPR Manuela Rial despediu o ano co seu emotivo Festival de Nadal

Crianzas de Infantil do CPR Manuela Rial
Crianzas de Infantil do CPR Manuela Rial
O CPR Manuela Rial despediu o ano co seu emotivo Festival de Nadal

Este venres 20 de decembro o CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo poñia fin a un intenso primeiro trimeste, cos tradicionais Actos de Nadal.

Houbo actuacións de todas as etapas. As crianzas de Ed. Infantil bailaron e interpretaron varias cancións en inglés como mostra do moito que aprenden co Plurinfantil; "Rudolph", "Santa Claus is coming" ou "All I want for Christmas", foron algunhas das cancións que interpretaron.

Crianzas de Infantil do CPR Manuela Rial 2
Crianzas de Infantil 
Crianzas de Infantil do CPR Manuela Rial 4
Crianzas de Infantil 
Crianzas de Ed Infantil do CPR Manuela Rial de Cee
Actuación de Ed. Infantil

As de Ed. Primaria realizaron unha escenificación teatral "Alicia en el País de las No Maravillas", integrada no proxecto xeral do Centro, con bailes, concurso de postais navideñas e como remate final a actuación do histórico Coro do Colexio. Toda unha xornada moi emotiva tanto para o alumnado como para os familiares que os acompañaban nun ateigado Salón de Actos.

ESCENIFICACIÓN TREATRAL CPR Manuela Rial
A obra de teatro de Primaria

Comentarios