De mitin en mitin
06:55 11/12/15
No último sábado da campaña electoral, xa o que o próximo sábado xa é xornada de reflexión, candidatos dan a coñecer os seus programas a golpe de mitin. Estas son as principais citas de hoxe:
Nós Candidatura Galega
Carlos Penedo - concelleiro do BNG de Ponteceso -, Lucía Vecino - nº 8 da candidatura -, e Francisco Jorquera - portavoz do grupo parlamentar galego do BNG - estarán hoxe, a partir das 20 horas, na biblioteca municipal de Ponteceso nun acto aberto á toda a cidadanía.
PSdeG
Os candidados coruñeses do Partido Socialista visitarán hoxe Mazaricos e Cee. Ás 12 horas, o secretario xeral provincial do PSdeG e voceiro do Grupo Provincial Socialista, Julio Sacristán de Diego, visitará a feria da Picota. Media hora máis tarde, ás 12:30 horas, ofrecerá un mitin no restaurante casa Jurjo.
Xa pola noite, ás 20 horas, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o candidato ao Congreso, Ricardo García Mira, exporán as medidas do PSOE para as eleccións do 20 de decembro na casa da Cultura de Cee.
PPdeG
Pola súa banda, o PPdeG estará presente hoxe en varios puntos da comarca. Ás 11 horas, Diego Calvo deixarase ver polo mercado de Camariñas. Xa pola noite, desprazarase ata a parrillada Montivideo de Vimianzo onde ofrecerá ás 21 horas un mitin xunto con Mabel Fernández e Ethel Vázquez.
Novas relacionadas
- O bipartidismo acapara os actos electorais da Costa da Morte
- #20D Carballo e Corme reciben a visita dos candidatos provinciais
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)