Venres. 29.03.2024
El tiempo

De Talía Teatro ao Hormiguero de Antena3

De Talía Teatro ao Hormiguero de Antena3
Ruben Prieto novo colaborador do Hormiguero Rubén Prieto xa é novo colaborador oficial do Hormiguero de Antena3

Menudo salto á fama tan doloroso que ten pegado Rubén Prieto. Durante a pasada noite, vén de convertirse en colaborador habitual dun dos programas máis famosos da televisión estatal. Xa leva un par de meses aparecendo, pero dende onte, e gracias á outra obra kamikaze, Rubén xa forma parte de El Hormiguero de Antena 3.

Longa é a actividade artística deste polifacético ceés. Actor, fotógrafo, docente, surfista, monitor e emprendedor do mundo do surf na bisbarra, pintor de graffitis, piloto de drones, cabaleiro medieval… Non lle para a cabeza a este home, comezou a súa carreira como actor en Talía Teatro, e que xa ten pasado polo cine en filmes como “Vilamor”, “Maratón” ou “A pesar de todo quérote”, e na televisión (“Serramoura”, “Luar”, “Tourilandia”, “Arredemo”…) así como ducias de curtas.

Curisamente foi ese cabaleiro medieval que fai pasarrúas polas festas temáticas o que lle abriu as porats do Hormiguero e pouco a pouco foi gañando o corazón dos espectadores e o respecto do equipo de todo Atresmedia

Ruben Prieto cabaleiro medieval co Cuco-Foto-M Rdg Mendez Rubén Prieto de cabaleiro medieval montado no famoso Cuco-Foto-M Rdg Mendez

Fonte

Comentarios