Venres. 29.03.2024
El tiempo

De viaxe a Roma e de comprometida Semana Cultural no IES Agra de Raíces de Cee

De viaxe a Roma e de comprometida Semana Cultural no IES Agra de Raíces de Cee
Alumnos do IES Agra Raices de Cee en Celanova copia Alumnos do IES Agra Raíces en Celanova

Completa semana foi a 9 ao 13 de abril no IES Agra de Raíces de Cee. Mentres os alumnos do 4º ESO viaxaban a Roma, os de 3º da ESO disfrutaban a tope dunha completísima Semana Cultural.

Sen marchar do país, alumnas e alumnos, profesoras e profesores, tiveron a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charla e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentais. Todo arredor da violencia de xénero, tema que serviu de eixo vertebrador da Semana Cultural, como se demostrou na fermosa e comprometida exposición de “Cartas de Amor”.

Alumnos do IES Agra Raices nos obradoiros cientificos do CICA nunha sesión sobre as algas e o seus usos copia

Houbo de todo. Fixeron, por exemplo, excursións ao Dolmen de Dombate, o Castelo de Vimianzo, conxunto histórico de Moraime, secadoiros de congro de Múxía, conxunto histórico e Casa dos Poetas de Celanova e visita á E.S. Bazarra de Cee. Ademais asistiron a obras de teatro en galego e inglés, unha delas no Teatro Colón de A Coruña.

Non faltaron diversas charlas a cargo do CIM e da Policía autonómica sobre violencia de xénero, ciberviolencia de xénero, ciberbulling; unha charla da Garda Civil sobre a prevención de incendios e coidado do entorno natural; outra charla sobre o lobo na comarca a cargo de Francisco José Lema; ademais de varias charlas a cargo da USC sobre medievalismo no mundo actual, biodiversidade, etc.

Nunha semana coma esta non puideron pasar por alto as citas literarias, e polo centro ceés pasaron autores galegos como Antía Yáñez, Hector Cajaraville, Xosé Lóis Ripalda o Miguel Anxo Fernández.

Houbo tamén interesantes Obradoiros de actividades deportivas, obradoiro sobre ciberviolencia de xénero, obradoiro de xornalismo, obradoiros científicos do CICA, e mesmo un obradoiro de “Matemáticas Divertidas”.

Viaxe a Roma

Alumnos do IES Agra Raices de Cee no Panteon de Agripa de Roma

Non para de viaxar a familia do Raíces. Hai unhas semanas varios grupos viaxaban á Bretaña francesa. Desta volta, tocoulles a 40 alumnas e alumnos de 4º ESO, que pasaron uns días na cidade eterna: Roma. Estiveron acompañados de 3 profesores, e poideron deleitarse cas visitas a lugares tan emblemáticos como a Basílica de S. Pedro, os Museos Vaticanos, o Panteón de Agripa, a Fontana di Trevi, o Foro romano, as Termas de Diocleciano, os Museos Capitalinos e tantas outras maravillas da capital italiana. 

Novas relacionadas Fonte

Comentarios