Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Denuncia o estado de abandono do Centro de Saúde de Cee

Denuncia o estado de abandono do Centro de Saúde de Cee
O radiador do Centro de Saude de Cee puido provocar unha desgracia O radiador do Centro de Saude de Cee puido provocar unha desgracia

Enviounos esta semana un veciño de Cee unha grave denuncia. Unha imaxe que demostra o estado de abandono dun espazo tan fundamental como un Centro de Saúde. Yago Feli sufriu un susto tremendo o pasado luns, cando estaba esperando a revisión do dentista da súa filla de 16 meses.

"Cando nos tocaba a vez, a facultativa pediunos un minuto de espera, nos levantamos e a pequena foi andando cara a porta da consulta, onde ao carón hai un radiador de 3 metros de largo e uns 40kg de peso. A nena tocou o radiador e venlle encima, caéndolle encima das pernas da nena. O tremendo ruído que fixo alertou a todos os médicos do Centro de Saúde, puidendo pasar unha cousa peor".

Estremecedor o momento que viviu a familia, se ben fica tranquila pois a nena está tendo unha evolución positiva.

En calquera caso, denuncia a falta de mantemento por parte do Concello ceense.

Fonte

Comentarios