Martes. 08.10.2024
El tiempo

A Deputación apoia as actividades do Ano Xubilar Mariano de Cee

Cee Ano Xubilar
A Deputación apoia as actividades do Ano Xubilar Mariano de Cee
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o representante da Asociación Amigos da Xunqueira, Iván Pérez, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento das numerosas actividades incluídas no Ano Xubilar Mariano de Cee, nun acto ao que asistiron a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o párroco Désirée Kouakou.

A administración provincial apoia esta este programa de actividades cunha achega de 40.000 euros, un 33 % dos 121.211 euros totais.

O obxecto desta colaboración é axudar á asociación no desenvolvemento da súa ampla programación cultural, que comezou o 1 de maio de 2022 e remata o 1 de maio de 2023, e coa que se pretende reforzar o atractivo turístico da ruta xacobea do Camiño Fisterra-Muxía.

Comentarios