Días de mobilizacións en Cee pola Sanidade e no Ézaro polas Preferentes
08:20 07/02/13
Doble cita nas rúas de Cee para estes días. E tres son as razóns que están ultimamente á xente ás rúas, se ben a corrupción debería sacarnos tamé. Trs razóns tan básicas como a sanidade, a loita contra a estafa das Preferentes, e o ensino público.
Xoves pola Sanidade pública
Esta mañá de xoves 7 de febreiro de 2013, ás 12 horas terá lugar unha concentración/cacerolada diante do Hospital Virxe da Xunqueira convocada polas OOSS da Mesa Sectorial de Sanidade, en protesta polos recortes anunciados pola Xunta ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Venres polas Preferentes
A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte convoca para o vindeiro viernes dia 8 de febreiro unha nova concentracion diante a NovagaliciaBanco do Ézaro das 11.30 as 13.30h.
Novas relacionadas
- Vimianzo abre as portas da OMIC cada venres para informar das Preferentes.
- 04-01-13: A loita contra as Preferentes colle nome e apelidos.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).