Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dous costeiros no Hospital televisivo de Urxencia Cero

Dous costeiros no Hospital televisivo de Urxencia Cero
Dani Trillo e Artur Trillo son o Dr Lois e o celador Vituen Urxencia Cero Dani Trillo e Artur Trillo son o Dr Lois e o celador Vituen Urxencia Cero

Un 12,2% de share (uns 135.000 espectadores) e #‎urxenciacero1 convertido en trending topic en twitter. A estrea o pasado domingo do capítulo 1 da serie "Urxencia Cero" (de Voz Audiovisual) na TVG foi un éxito. E un orgullo para a nosa bisbarra pois temos en pantalla a dous dos actores máis recoñecidos da nosa zona: Dani Trillo e Artur Trillo, que levan anos e anos enriba dos escenarios con Talía Teatro.

”Estamos moi contentos co minuto de ouro (15%) e segundo vaia correndo a historia irá subindo. Aspirar aspiramos a que sexa bombazo!”, recoñece o propio Dani Trillo, un dos ciruxáns da Unidade de Transplantes do Hospital televisivo. ”Acabamos de gravar a mediados de outubro, e depende da audiencia que haia ou non segunda parte”, recoñece un confiado Dani.

Dani Trillo en Urxencia Cero Dani Trillo, o Doutor Lois Ferreiro en Urxencia Cero Artur Trillo en Urxencia Cero Artur Trillo é celador "soluciónao todo" en Urxencia Cero

Dani é o Doutor Lois Ferreiro, mentres que Artur é o celador Vitu. “Pero ollo, o papel de Vitu é fundamental, porque en principio parece que é o máis baixiño de todo, pero que ao final soluciona unha marea de cousas, é o que sempre consegue todo”, apunta Dani recoñecendo o papelón do director de Talía.

Ambos, cambian o teatro pola tele, e haberá que estar atentos porque ao longo da tempada aparecerá algún que outro costeiro na serie. Pero ata aquí podemos ler…

Fálanos das cousas que se dan nunha rodaxe coma esta. “Anécdotas da gravación hai millóns. Foi complicado porque estás facendo algo que non sabes. Eu fago de ciruxán e eu non tiña nin idea. Menos mal que asesores alí, a pé de pista que nos ían guiando como colocar o bisturí”.
Dá conta ademais da calidade dos contidos. “É a primeira serie que se fai con esta tecnoloxía de cámaras, que por agora só se usaban en grandes producións estatais, polo que creo que en cámara queda moi ben. Ademais, o director, Óscar Pedraza, é un fenómeno. Vén de traballar co melloriño do melloriño, e nós, que non estabamos acostumados a esta organización, é un luxo contar con el”.

Dani Trillo en Urxencia Cero 2 Dani Trillo en Urxencia Cero Artur Trillo en Urxencia Cero 2 Artur Trillo en Urxencia Cero

”Aquí nun se para de aprender”

”O bo deste traballo é que nunca se para de aprender”, comenta. E de feito non para nin de aprender, nin de traballar, “afortunadamente”. “Agora estamos co novo espectáculo de Talía Teatro, Foucellas, que ten moito que ver co último Maki que quedaba no monte. Temos a estrea o 3 de marzo no Rosalía, na Coruña. Estamos Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez, emais eu, que tamén estou deseñando e construíndo a escenografía. Facemos de todo, outro dos encantos deste choio, que nunca te aburres”, apunta.

Pois nada, mentres esperamos polo Foucellas de Talía, a pinchar este domingo ás 22:15 a TVG, e se aínda non vistes o primeiro capítulo nunca é mal momento: capítulo 1 da serie "Urxencia Cero".

Aquí queda a intensa promo:

 

Máis información

  • urxenciacero.com.
  • Facebook Urxencia Cero.
  • Ver capítulos de Urxencia Cero na TVG.
  • Fonte

    Comentarios