Venres. 19.04.2024
El tiempo

E a ambulancia segue sen chegar a todas as casas de Gures

E a ambulancia segue sen chegar a todas as casas de Gures
Caminos de Gures sen asfaltar 3 Moitos camiños de Gures seguen sen asfaltar Caminos de Gures sen asfaltar 4 Moitas veces non lle damos a importancia real que ten o asfaltado e ampliación de camiños nas parroquias. Moitas veces son cousas que separan de verdade, que deixan á veciñanza ser servizos verdadeiramente básicos, como o é a chegada das ambulancias ata a porta da casa. Por Gures sábeno ben, por iso xa o ano pasado a través da Asociación de Veciños se dirixiron ao Concello para pedir a ampliación de certos camiños co fin de que unha ambulancia chegaran a todos os fogares. Non era pedir demasiado, pero un ano despois, as cousas seguen como estaban. Ou peor. Porque despois de que a petición fose aprobada en pleno, de que o Concello recibise unha subvención para elo, unha brigada de obras achegábase á zona antes de Semana Santa para desfacer o camiño, sen antes tratar para nada cos veciños afectados. Dende aquela, a cousa segue igual, e os veciños teñen verdadeiros problemas para chegar ás súas casas. Só en xuño, se puxeron en contacto cos afectados para pedir a cesión dos terreos para levar a cabo as obras (despois de comezalas…), e dende aquela, máis dun ano despois, as ambulancias seguen sen chegar a moitos fogares da parroquia ceesa.

Comentarios