Venres. 19.04.2024
El tiempo

Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte

Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte
Un milleiro de persoas na Inauguracion da Maternidade de Egueire en Nandibo, Costa de Marfil-Foto-Marcos Rodriguez Un milleiro de persoas na Inauguracion da Maternidade de Egueire en Nandibo, Costa de Marfil-Foto-Marcos Rodriguez

Hai apenas unhas semanas coñecíamos a experiencia da ONG Egueire, en primeira persoa, en Costa de Marfil. Pero faltaba un paso importante, o punto de partida da celebración do 10º aniversario da entidade, a inauguración da Maternidade en Nandibou.

Canto esforzo levan metido o cura de Cee e Dumbría, Desiré Kouakou, e toda a familia de Egueire, neste proxecto. E iso que a entidade que tanto arraigo ten na Costa da Morte ten reparado estradas, axudado en orfanatos, entregado microcréditos a cooperativas de mulleres creando así numerosos postos de traballo… dende a súa creación en 2008.

Pero a inauguración da maternidade de Nandibo fixo realidade un dos proxectos máis ilusionantes e potentes para axudar a estas xentes. Nas que ata agora debían percorrer unhas dúas horas para non ter que alumar nas súas casas. A elevada mortalidade materno-infantil é unha dura realidade en Costa de Marfil, e en palabras do propio presidente de Egueire, “as mulleres morren como chinches por non ter un espazo adecuado no que dar a luz”.

Nais con vestimentas de Egueire Nais con vestimentas de Egueire

Xosé Manuel Pensado foi o encargado de pronunciar o discurso -nun perfecto francés-, así como de presentar ante os máis de 1000 asistentes ao evento (incluídos Luís Prados Cobarrubia embaixador de España, Ama Tehoua e Boa Tiemelé, ministros do país, o arzobispo de Gagnoá Joseph Ake, o delegado do goberno na rexión de Grand-Lahou, os xefes da policía nacional e marítima así como o xefe do poboado de Nandibo 2) aos membros e colaboradores da Ong que son Juan de Rojas, Natalia Álvarez, Beti Caamaño, Jesús Moledo, Manuel Quevedo, Quique López, Eduardo Costas e Marcos Rodríguez.

Precisamente da man do premiado fotógrafo carballés, Egueire pretende realizar unha exposición de fotografías tomadas durante esta viaxe aínda que o lugar e a data, están aínda por determinar.

A MZ, dando a volta ao mundo

Da experiencia, os costeiros quedaron sorprendidos co feito de que moita xente coñece a existencia de Mazaricos, gracias á implicación da MZ en todas as actividades da Ong. Pensado (á súa vez, párroco local da mesma) onte encargouse de recordalo.

Pechou o círculo de discursos e agradecimientos Luís Prados que asegurou estar orgulloso do traballo que a Ong está realizando no país, e quedou á súa disposición para o que fose necesario.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios