Eleccións #24M Cee: IxCee vence pola mínima ao PP pero queda todo aberto aos pactos
23:50 24/05/15
Unhas das eleccións máis esperadas eran as de Cee. Uns resultados que deixan todo aberto e que pode haber pactos.
E finalmente o grupo de IxCee de Ramón Vigo volven ser a forza máis votada, baixando con respecto ao 2011, pero mantendo os seus 5 concelleiros. Por detrás, o PP da actual alcaldesa Zaira Rodríguez, quedará con 4 concelleiros no pleno, tendo os mesmos resultados que nas anteriores.
O PSdG de Margarita Lamela mellora a súa posición e suma 2 concelleiros, mentres baixa enormemente o BNG, que se queda cun só concelleiro.
Pode que a chave de goberno a teña Plácido Insua, candidato de Ciudadanos que conseguíu un edil que lle permitirá manterse no pleno.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Resultados nas Eleccións 2011.