Venres. 29.03.2024
El tiempo

Eliminados tres puntos de vertido de augas residuais a dous ríos de Cee

Pontella no rio Brens de Cee
Eliminados tres puntos de vertido de augas residuais a dous ríos de Cee

Continúan os necesarios traballos de saneamento da ría de Cee e Corcubión. Ademais da aprobación dun plan de 8 millóns de euros que inclúe a creación dunha nova depuradora, os técnicos do Plan de Control de Vertidos seguen traballando para atopar puntos de vertido concretos.

Desta volta, os membros de Augas de Galicia localizaron un foco no río Brens e outros dous no río Cee, no marco das inspeccións rutineiras no dominio público dos concellos. A orixe dun dos puntos estaba na rede de pluviais no lugar da Pontella, a outra do caso urbano, así como nunha fisura da rede de saneamento da avenida Fernando Blanco.

Dende Augas pediron ao Concello que tomara medidas e veñen de verificar que as actuacións executadas pola entidade local permitiron o cese do vertidos.

Histórico sobre o problema do saneamento na ría de Corcubión

Comentarios