Venres. 07.05.2021
El tiempo

O BNG de Cee solicita unha auditoría externa das depuradoras e o saneamento do rural

Imaxe aérea de Estorde
O BNG de Cee solicita unha auditoría externa das depuradoras e o saneamento do rural
Xa comprobamos como está a situación do saneamento en Lires. Unhasituación perfectamente extensible a Estorde e tamén á praia da Concha, espazos que foron durante anos puntos negros nas listaxes do Sergas da calidade de auga de baño.

Dende o BNG de Cee consideran que “o concello arrastra un problema grave pola mala planificación, desde fai lustros, no que ten a ver co tratamento das augas residuias, o que leva a que o goberno de turno poña “remendos” cada dous por tres nas depuradoras, cun gasto económico importante, mais sen os resultados desexables”.

Para intentar solventalo de raíz, o grupo presentou un escrito para “solicitar que unha empresa especializada audite as Estacións Depuradoras de Augas Residuciais (EDAR) e elabore un estudo do estado das mesmas”, co fin de “diagnosticar os problemas das propias edars e das redes, así como tamén ofrecer solucións definitivas ao estado de ambas”.

O voceiro do BNG, Serxio Domínguez, enumera as problemáticas, dende a falta de planificación para a separación de pluviais e fecais, pasando pola falta de manetemento, ausencia de control de caudas, ou a inexistencia de sistemas de desinfeción das augas no tratamento final.

Tamén piden ao goberno local que xestione con Augas de Galicia a autorización de verquidos en cada unha delas, unha ferramenta indispensable para acadar un mellor e maior control das augas verquidas aos ríos e rías.

Novas relacionadas

comentarios