En marcha un novo curso escolar


Pois si. Esta mañá de luns 12 de setembro, arrincou formalmente o curso nos centros de ensino da bisbarra. Se nas escoliñas xa levan a sempre incómoda semana de adaptación, os colexios xa arrincaron coa LOMCE e a reválida no horizonte.
Emotiva foi, por exemplo, a presentación do novo curso no CEIP Eufenio López de Cee. Comezou coas verbas do director da escola, que deu palabra a presidenta da ANPA, Montserrat Canosa Vigo. Despois fui o turno de dúas antigas alumnas, Inés Fraga e Carmela Corbelle, que contaron as súas experiencias aos alumn@s do colexio. O acto foi presentado por outra antiga alumna Mercedes Rodríguez Fraga, técnico de Normatización lingüística do Concello de Cee e contou coa presencia de Carmen Díaz Freire, Concelleira de Deportes e tempo libre do Concello de Cee, en representacion do goberno ceense.


Novas relacionadas
- Xullo 2016: A federación de ANPAS Costa da Morte fai balance do ano académico.
- Xuño 2016: Versos como balas contra a LOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).