En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica
07:13 05/01/19
- “Fornos apagados, todos parados”.
- A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
Imaxe dun barco cargando no porto de Brens materias primas de Ferroatlántica Cee para levar a Francia
Saca a colación o grupo parlamentario En Marea un asunto de gran importancia nestes días nos que empresas privadas do sector industrial como Alcoa ou Ferroatlántica están facendo chantaxe a todo un país. Empresas que recibiron un legado público case que regalado, e que están recibindo constamente cartos públicos, que de contado, no marco da deslocalización, deciden pechar, ou ir diminuíndo a súa produción na terra que os fixo medrar.
Así o denunciaba onte o deputado Francisco Casal, esixíndolle ao goberno de Feijóo que actúe tralo anuncio de Ferroatlántica de pechar durante seis meses os fornos 13 e 14 de fabricación de ferromanganeso nas plantas de Cee-Dumbría, ademais de proceder ao desabastecemento de materias primas da propia fábrical.
Unha cesión que implica ademais a paralización de varias empresas auxiliares e a redución a mínimos da produción, co conseguinte risco de presentación dun ERE por parte da empresa.
Así, aínda que non foron publicados os datos de producción das centrais de 2018, En Marea coa referencia dos de anteriores anos de alta pluviometría como o 2018 os estima entre 600.000 e 700.000 Mwh. Isto ao prezo medio maiorista de 2018 de 57 €/Mwh suporía para a compañía uns ingresos de entre 34 e 40 M€. “Millóns de euros que saen do patrimonio natural público de Galicia, pero que non son investidos nin na mellora das factorías nin no plan industrial para as comarcas da Costa da Morte tal e como obrigan as condicións da concesión a Ferroatlántica das centrais”.
Non esquece o grupo “os 6,5 M€ de axudas públicas a interrumpibilidade só para o periodo correspondente aos primeiros 6 meses de 2019”. E asegura que “se se cumprisen as condicións das concesións e as novas condicións das poxas de interrumpibilidade, as factorías galegas terían que ser as máis competitivas do mundo, con custos da electricidade mais baixos do sector con moita diferenza”.
Por iso En Marea esíxelle á Xunta de Galicia a través dunha pregunta oral na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo que ofreza toda a información que dispón acerca dos plans de Ferroatlántica de deslocalizar a producción de ferromanganeso das factorías galegas e que acometa actuacións de maneira inmediata de cara a evitar un posible incumprimento das condicións da concesión administrativa das centrais hidráulicas.
Máis novas do conflito #Ferroatlántica
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas