En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura
07:12 23/11/16
Luís Villares, portavoz de En Marea, mantivo onte un encontro cos traballadores de Ferroatlántica
“Estamos aquí cunha misión moi clara, queremos ser os que traslademos a voz dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica directamente a un presidente da Xunta que se nega a recibilos, negando o propio problema”, indicou Luís Villares, voceiro de En Marea, durante o encontro que mantivo onte cos traballodores de Ferroatlántica que continúan pechados no concello de Cee. Deste xeito, Villares acordou cos traballadores a pregunta concreta que hoxe lle formulará a Feijóo no primeiro pleno da lexislatura.
Segundo indicou, a segregación e venda ten que contar necesariamente coa aprobación da Xunta de Galicia; "polo tanto Feijóo é o máximo responsable de que iso se poida levar a cabo e parécenos absolutamente inaceptable que os traballadores estean a día de hoxe sen ser recibidos igual ca os alcaldes da comarca pora parte do presidente da Xunta”, censurou o portavoz de En Marea referíndose á negativa de Feijóo a recibir tanto ao comité de empresa de Ferroatlántica como aos rexedores da Costa da Morte.
Coa primeira pregunta que En Marea fará dentro deste pleno ordinario e que será a primeira pregunta de toda a lexislatura “quere ser a voz dos traballadores e de toda unha comarca, do que para nós é un sector estratéxico do conxunto do país”. Luís Villares declarou que tamén lle pedirán a Feijóo “que reciba de forma inmediata os traballadores e traballadoras e aos alcaldes como representantes lexítimos de todas as aspiracións de dignidade dunha comarca e polo tanto que se posicione claramente contra a segregación e a venda, non lles quedará outro remedio ca cambiar de opinión”.
O PPdeG no Parlamento
Por outra parte, o secretario xeral do PPdeG e viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, defendeu onte no Parlamento galego que “tanto a actividade de Ferroatlántica nos ríos Xallas e Grande, como a súa competitividade estean garantidas, de xeito que non se poñan en perigo nin os postos de traballo nin as condicións do seu emprego”.
“Os traballadores desta empresa poden estar seguros de que tanto o PPdeG como o goberno galego estarán ao seu carón, non para saír na foto, como fixeron outros parlamentarios, senón para garantir efectivamente que se mantén o traballo e a actividade na Costa da Morte”, indicou Miguel Tellado.
Tellado lembrou que a día de hoxe “aínda non hai ningunha proposta en firme enriba da mesa por parte da empresa”, pero desde o grupo popular din que defenderán esta proposición non de lei no Parlamento galego “ante as incertezas que están sementando os rumores xerados nas últimas semanas “. O secretario xeral do PPdeG demandou que “os traballadores e os cidadáns da comarca da Costa da Morte deben sentir que son aprincipal preocupación das institucións, e as institucións deben trasladárllelo velando pola legalidade das actuacións e os movementos da súa empresa; informándoos das novidades que sucedan con respecto á evolución do proceso aberto; e asegurándolles o compromiso coa carga de traballo, a viabilidade da empresa e os investimentos na zona”.
Críticas para en Marea
Ademais, Tellado criticou “a contradición de En Marea ao criticar no Parlamento galego o que defende despois no Congreso dos Deputados”. En concreto, indicou que o grupo de En Marea defendeu no Congreso unha proposición non de lei a través da que solicita ao estado a promoción de axudas para modernizar a factoría de Ferroatlántica en Cee, mellorando a súa eficiencia así como a dos aproveitamentos hidroeléctricos. “Deste xeito, quen quere beneficiar realmente ao empresario?”, cuestionou.
“Están sempre no discurso das empresas boas e malas. En contra de empresas como a central térmica de As Pontes, Reganosa, Ence, o sector aeronáutico en Rozas, a ampliación de Citroën ou as corbetas en Navantia”, lamentou, para asegurar que desde o PP “defendemos o emprego en Galicia e a reindustrialización”.
Artigos relacionados
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- En Marea
- PPdeG