Sábado. 21.09.2019
El tiempo

“Á EsCEEna vaise consolidando como unha das citas teatrais de referencia dentro do panorama teatral galego”

O grupo Piscore co concelleiro Juanma Buturon
O grupo Piscore co concelleiro Juanma Buturon
“Á EsCEEna vaise consolidando como unha das citas teatrais de referencia dentro do panorama teatral galego”
“Á EsCEEna vaise consolidando como unha das citas teatrais de referencia dentro do panorama teatral galego”

Rematou a quinta edición de Á EsCEEna! con máis de 1.500 espectadores, o que supón un aumento respecto ó ano pasado dun 18%. Unhas cifras que devolven xa a vila da Xunqueira nunha das capitais do teatro galego, esa capital cultural que xa foi durante os 25 anos da Mostra de Teatro de Cee, finada en 2012.

É Víctor Castiñeira, técnico municipal, o que quere devolverlle a relevancia á súa vila, e tras 5 anos, este programa Á EsCEEna xa parece absolutamente consolidado.

Así o demostra o feito de que o auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura rexistrarse dous cheos cas representacións das obras de Talía Teatro (Vida de cans) e Contraproducións (Commedia).

Nas restantes obras, houbo moi boas entradas, rondando sempre os 200 espectadores por función. “Desde o concello de Cee queremos agradecer a boa acollida que tivo esta edición tanto por parte do público ceense como do nutrido grupo de espectadores doutros concellos próximos e turistas, en xeral”, indica o propio Castiñeira.

”Paseniñamente e sen facer moito ruído, Á EsCEEna! vaise consolidando como unha das citas teatrais de referencia no mes de agosto dentro do panorama teatral galego. Nestas cinco edicións pasaron por Cee as obras máis premiadas e un importante elenco de directores, actores e actrices que se levaron unha gran impresión do noso festival”, reflexiona.

Recoñece que “é moi díficil salientar algunha obra este ano xa que todas estiveron a un altísimo nivel pero aínda así e pola gran acollida que tiveron do público, as obras “Bernarda” de Malasombra e “Concerto Con Fusión” de Píscore merecen unha mención especial. Esta última, que tivo que sustituír á programada “Papar sen cancelas” por enfermidade dun dos actores, foi a culminación dunha semana de teatro con maiúsculas”.

En todo caso dende o Concello son “conscientes de que aínda hai que mellorar cousas de cara a vindeiras edicións, seguiremos a traballar para, alomenos, manter o nivel deste ano 2019”.

Peche teatreiro

Para pechar as citas do Auditorio, este luns 26, chega a represntación de A Casa DE Bernarda Alba, pola Escola Municipal de Teatro (grupo Xuvenil), nunha Adaptación da obra de Federico García Lorca. Baixo a dirección: Toño Casais, actúan Ana Oca, Mariña Lestón, Marta Vérez, Adriana Castiñeira, Saray Pérez, Paula Trillo, Nerea García, María Caamaño, María Sendón, África Haz, Daniela Alves, Marina Calo e Julia Lema.

Rematou Á EscEEna! pero o Agosto Cultural segue… na rúa

Esta semana, do 27 ó 30 de agosto, as citas coa Animación de rúa na Praza da Constitución no marco do programa Cultura no Camiño 2019 (a partir das 20:15):

  • Martes 27 ás 20.15 horas: MAXIA CÓMICA, a cargo da compañía Les Artuáns. Dos creadores Antuan de la Cream e Arturo Nono, agora unidos nun mesmo show, nace Les Artuans.
  • Mércores 28 ás 20.15 horas: CÓDIGO. Espectáculo de maxia de Dani García.
  • Xoves 29 ás 20.15 horas: SONÁMBULO, de Antón Coucheiro.
  • Venres 30 ás 20.15 horas: OH!LIMPIADAS coa compañía Sincronacidas. Obra galardoada co Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no FETEN 2019.

 

Comentarios