Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Escola de Música de Cee achegou un doble concerto didáctico para a mocidade

Concerto en Cee da Escola de Musica
A Escola de Música de Cee achegou un doble concerto didáctico para a mocidade

No marco do mes da música, este martes 7 de novembro a Eswcola de Música de Cee celebrou dous eventos no auditorio da Casa de Cultura de Cee. A xormada, enfocada para o alumnado, arrincaba  cun concerto didáctico a cargo dos profesores de percusión e vento metal, Albano Días e Javier Trillo, para os alumnos de primaria dos colexios Manuela Ríal Mouzo e Vila de Cee. Os profesores amosaron as características máis importantes dos seus instrumentos: sonoridade, deseño, partes que os conforman, permitindo que os propios nenos e nenas  intentaran  facer soar por primeira vez a batería ou a trompeta, baixo as indicacións dos profesores. 

Xa pola tarde, da man da Deputación Provincial de A Coruña dentro da súa programación “4x3 Outono”, alumnado da escola e público en xeral asistiu ao concerto comentado onde o grupo de cámara "Fisión Atlántica Ensemble" composto por Luis Soto (frauta), Nikolay Velikov (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Alvaro Quintanila (violonchelo), acompañados por Pablo Carpintero (pipa galega) amosou unha orixinal proposta combinando a música de J. Haydn con melodías recollidas en Guláns, Ponteareas.
Ao remate do concerto os asistentes puideron preguntar aos músicos sobre aqueles aspectos que resultaron do seu interese: a música interpretada, os instrumentos empregados ou a evolución musical dos intérpretes.

Concerto en Cee con Fernando Fraga

Comentarios