Denuncian a discriminación das Escolas de Música dos Concellos non gobernados polo PP


O PSOE denuncia que "a Deputación da Coruña discrimina aos concellos non gobernados polo PP no reparto das subvencións a escolas de música da provincia". Sinalan dende a oposición que "o goberno de Diego Calvo mantén intactas as axudas a conservatorios e escolas de música onde goberna o PP, mentres reduce entre un 60 e o 70% as dos concellos gobernados por PSOE e BNG" sinalando un proceso de “baltarización” na provincia.
Segundo explicou Fernández Moreda, "estas axudas foron creadas durante o periodo de goberno socialista e destinaban 10.000 euros a cada un dos concellos da provincia con escola de música e 20.000 € a aqueles que contaban cun conservatorio municipal". Afirman que "o programa ve significativamente reducida este ano a súa partida orzamentaria, pasando dos 360.000 euros cos que contaba en 2012 aos 250.000 € que ten consignados no presente exercicio", pero denuncian que "este recorte afectará exclusivamente aos concellos que non contan con gobernos municipais do Partido Popular".
Ademais, o PSdG criticou tamén "o abuso das contratacións mediante procedemento negociado sen publicidade, que os socialistas xa denunciaran o ano pasado, facendo referencia a informacións xornalísticas que aseguran que a Deputación adxudicou este ano o 94% do seu investimento en obras sen concurso previo".
Estas son as evolución das axudas que a Deputación outorgou aos concellos da Costa da Morte con escola de música:
Concello | Goberno | Subvención anterior | Subvención 2013 | Diferencia |
Muros | PSdG | 10.000 | 4.965 | - 50,35 % |
Carballo | BNG | 20.000 | 9.894 | - 50,53% |
Carnota | BNG | 10.000 | 2.970 | - 70,30 % |
Cee | PP | 10.000 | 19.950 | +99,5 % |
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PSdG provincial.