![manolo-tena-xunqueira-2010-2]()
Manolo Tena pasou por Cee e deixou rastro. Varios milleiros de persoas achegáronse esta pasada noite do venres 13 de agosto para ver a Manolo Tena. E o viron en pura esencia. Non contaba a xente con acodir a tal espectáculo.
Tena debeuse pasar con algunha clase de sustancia antes de subir ao escenario. Unha vez arriba, esquencíanselle as letras, saudou a Finisterre no canto de a Cee, e estivo sentado boa parte da escasa hora que estivo no escenario. Ata tivo que poñerse a chaqueta no medio do concerto no canto de quitala como nos conta sorprendido o propio
Marcos Rodríguez, que estivo moi preto co seu obxectivo.
Non lembraba nin o nome dos seus compañeiros nin os das vindeiras cancións. E ao final do concerto, cando remataba o espectáculo escoitóuselle comentar aos músicos que se baixasen xa non vaia ser que lles pediran un bis...
"Manolo Pena" escoitábase entre o público onte pola noite. "Viches o patética que foi a actuación do Tena onte á noite?", escoitábase esta mañá... Do que custou traelo mellor non pensar, porque se fala de máis de 15.000€ malia que non temos a confirmación oficial.
Así se amosaba e así nos deixou aos ceenses.
Máis novas