A exposición pública o proxecto do Paseo que unirá Cee e Corcubión

Planta Xeral do plano do paseo entre Cee e Corcubión

Sométese a información pública o “Proxecto de recuperación do tránsito peonil do borde entre Corcubión e Cee”. Así saía este luns publicado no BOE.

O proxecto xa está dispiñoble na web do MITECO e nas dependencias dos Concellos de Cee e Corcubión para a súa análise por parte da veciñanza, puidendo presentar alegacións ata 20 días hábiles a contar dende o 21 de outubro.

O proxecto propón o acondicionamento da zona de aparcamento actual, cunha lousa de formigonado drenante (os que deixan espazos de terra), aacompañado dunha zona arborada con mesas, e un pavimento de “terrizo” ou “zahorra artificial” de  árido calizo ou silíceo para o sendeiro.

Un paso máis para esta necesaria intervención municipal, encaiada durante décadas.

Histórico do proxecto