Venres. 29.03.2024
El tiempo

Piden de novo a unión dos paseos de Cee e Corcubión

Piden de novo a unión dos paseos de Cee e Corcubión
Cee e Corcubion estan pegados pero non unidos a traves do Paseo

Temos falado deste asunto máis dunha vez, xa dende o 2008 e, en teoría, cun proxecto en marcha de Costas en 2010. Pero nunca máis soubemos desa unión entre os paseos marítimos de Cee e Corcubión, que obrigan aos camiñantes a pasear pola beirarrúa e mesmo ter que pisar a estrada na entrada de Corcubión.

Estes días, cos orzamentos aprobados para sucsanar os desperfectos dos temporais en máis de 100 concellos galegos, asturianos, cántabros e vascos, a través dun Real Decreto ­Lei, a Asemblea Nacionalista de Cee quere aproveitar para reclaramar que se leve a cabo a unión dos paseos marítimos de Cee e Corcubión.

"Sabemos que hai anos que existe un proxecto técnico de conexión dos dous paseos marítimos realizado pola empresa pública TRAGSA", aseguran dende ACN como indicabamos antes. "O paseo entre as dúas vilas é unha das actividades cotiás de decenas de veciños e veciñas de Corcubión e Cee. Sen embargo, os paseos marítimos non están unidos e os viandantes teñen que transitar por unha beirarrúa de menos dun metro de ancho nos aproximadamente cincuenta metros sen paseo marítimo. O único obstáculo que impide a unión é unha parcela non urbanizable que se atopa xusto na fronteira entre ambos concellos e que podería ser expropiada por Costas por uns 20.000 euros", sinalan.

Por iso, valoran "inexplicable que a obra de conexión dos paseos marítimos non se realizara hai anos, no momento en que construíron. Hai que lembrar aberracións coma a dopaseo marítimo de Esteiro, en Xove, que dez anos despois de construído, foi demolido polo mesmo organismo que o financiou, a Dirección Xeral de Costas". 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios