Piden nomear o futuro paseo que unirá Cee e Corcubión como "Miradoiro Orquesta La Palma"

Unha serie de asociacións da vila de San Marcos veñen de remitir un escrito de solicitude ao Concello de Corcubión para a denominación do futuro miradoiro que se situará na unión do paseo marítimo que conectará as poboacións de Cee e Corcubión, como "MIRADOIRO ORQUESTRA A PALMA".
Esta iniciativa xorde dos familiares dos catro fundadores e de músicos da Orquestra, xunto a oito asociacións musicais, culturais e deportivas de Corcubión como unha homenaxe aos integrantes da emblemática formación musical, quen, sendo veciños desta localidade, levaron con orgullo desde a súa fundación no ano 1951 o nome de Corcubión a numerosos escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. O seu legado non só foi musical, senón tamén cultural, ao ser auténticos embaixadores da nosa terra e contribuír a que o nome de Corcubión ecoase con admiración en distintos lugares.
As asociacións que apoian e asinan esta solicitude son:
- Asociación Airiños de Quenxe.
- Asociación Universidade Popular de Corcubión.
- Asociación Boca de Sapo.
- Asociación Centro Recreativo Cultural de Corcubión.
- Asociación Cultural Radio Neria.
- Unión Deportivo Corcubión.
- Asociación Cantigas de Doa Xoana.
- Asociació As Novas Musas.
No documento de solicitude por rexistro, solicítaselle ao alcalde de que informe a Demarcación de Costas, responsable da execución desta obra, que inclúa este tipo de infraestrutura.