O goberno corcubionés consegue reactivar o proxecto de unión do paseo entre Cee e Corcubión

Avanzábao o novo goberno corcubionés o pasado mes, e tras anos de parálise conseguiron reactivar o proxectode unión do paseo marítimo entre Cee e Corcubión.
Unha delegación de Costas de Galcia, comandanda polo Xefe da Demarcación, Carlos Gil Villar, e o Enxeñeiro de Costas Ricardo Babío Arcay, acodiron á chamada do goberno o BNG para analizar varias obras.
A máis importante foi o proxecto de unión dos paseos de Cee e Corcubión. Puideron analizas os detalles técnicos e loxístico, e os dous gobernos locais (o BNG de Corcubión invitou ao resto de partidos da corporación, e conseguiu o apoio do PP) e a entidade estatal puideron aclarar dúbidas, expresar opinións e debater os desafíos e oportunidades que conleva esta iniciativa.
Un paso necesario para desbloquear un proxecto fundamental para a comarca de Fisterra.
Deficiencias no paseo de Corcubión
Ademais, os concelleiros de Obras Xosé Lois Lado, o de Urbanismo Francisco Santiago López e o Arquitecto Técnico do Concello, Antonio Martinez Dominguez, amosáronlle a Costa “unha serie de deficiencias e defectos no paseo marítimo, que requiren dunha atención urxente entre as que se atopan os problemas de erosión costeira, o deterioro das infraestruturas e a necesidade de mellorar a accesibilidade”.
O responsable de costas, comprometeuse a realizar un estudo de detalle. “Esta resposta positiva supón un importante paso na mellora e dinamización dun dos lugares máis emblemáticos de Corcubión”, sinalan dende o goberno.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 2023: Novos pasos para a construción do paseo entre Cee e Corcubión.
- 2019: “A unión do paseo en Cee e Corcubión vai adiante”.
- 2014: Piden de novo a unión dos paseos de Cee e Corcubión.
ARTIGOS RELACIONADOS
- Luís Lamela: O Modesto Patrimonio: O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- Miro Villar: «O pino de Corcubión», un poema de Gonzalo López Abente.