Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Pleno de Corcubión aproba a adquisición dun terreo para continuar coa fusión do paseo marítimo co de Cee

Pleno de Corcubion de abril 2024
O Pleno de Corcubión aproba a adquisición dun terreo para continuar coa fusión do paseo marítimo co de Cee

Pasiño a pasiño vaise desbloqueando o proxecto de fusión dos paseos marítimos de Cee e Corcubión, unha necesidade obvia que ningún goberno dos dous concellos puido solventar ata agora. Era unha das prioridades do programa do BNG corcubión, e por agora están cumplindo, avanzando nas negociacións con Costas como aprobando medidas necesarias como as aprobadas no pleno do pasado xoves 11 de abril.

Por unanimidade, o que dá da importancia e do consenso da necesidade de sacar adiante o proxecto, aprobouse a proposta da alcaldía dunha modificación orzamentaria para adquirir o terreo necesario (o que está na parte corcubionesa), e que supón un coste de 19.500 euros, para adquirir a parcela necesaria siuada no termo municipal corcubionés que ocupa arredor de 3.000 metros cadrados de superficie.

Ademais, o Alcalde Xabier Domínguez “Drok” informou que Costas está xa traballando no proxecto para facer realidade a unión dos paseos.

Por outra banda, a Comisión de Contas do Concello de Corcubión aprobou, tamén por unanimidade, este xoves 11 de abril a Conta Xeral de 2023. Ábrese agora o periodo de alegacións, para posteriormente aproblalo en Pleno.Novas do Paseo

Comentarios