Falece no mar un pescador de 67 anos de Estorde
08:30 15/11/12
Unha nova morte déixanos o noso mar da Costa da Morte. O corpo de R.A.C., veciño de Estorde de 67 anos, era atopado polo operativo de búsqueda arredor das 21:00h de onte, mércores 14 de novembro.
O home, marchara pescar arredor das 17:00h e a familia avisou á Garda Civil ao non aparecer.
Contra as 20:00h, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e un helicóptero de Gardacostas comezaban o operativo, que remataba cando atopaban o corpo sen vida do pescador ceense.
Segundo indicaban fontes achegadas á investigación, puido ser un golpe de mar o que provocase o accidente.
Novas relacionadas
- Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 18-09-12: Un mariñeiro falecido e outro ferido na Ría de Muros.
- Coa vida non mar non pode haber recortes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).