Farándula Velutina fixo vibrar co teatro á familia da SCD Brens

A familia corcubionesa de Farándula Velutina en Brens

Unha vez máis Brens demostrou que lle gusta e moito o teatro. A familia da SCD vibrou da man de Farándula Velutina coa súa obra "Mamá". Unha obra que conta co guión de Fernando Castro Paredes, a dirección Marina Gómez e o propio mestre do IES Fernando Blanco, cun elenco formado por Andrea Rodríguez, Elisa Lema, Cris Martínez e Ariadna Castro

Durante unha hora deleitaron a un numeroso grupo de persoas que acudiron a Brens a presenciar teatro "do bo", cun tema tan actual como é as relacións entre as nais e as fillas.

Ademais, tanto Fernando como Marina levaron un fermoso agasallo: un exemplar dos seus libros adicados á xente de Brens. O libro de Fernando,  foi sorteado entre os asistentes a obra.

Veciñas de Brens co libro de Fernando Castro Paredes "Entomoloxía para prisioneros"

Máis novas