Farándula Velutina estrea “Mamá” na casa
07:36 06/11/25
Este sábado 8 de novembro hai estrea na Casa da Cultura de Corcubión. O grupo de teatro da vila, Farándula Velutina, presenta a súa nova obra, “Mamá”. Con guión de Fernando Castro, de irección Marina Gómez e Fernando Castro, o elenco está formado por Andrea Rodríguez, Elisa Lema, Cris Martínez e Ariadna Castro.
A obra recolle as “profundas e complexas relacións entre nais e fillas”. Mamá! explora os matices e as arestas destas relacións a través de nove divertidas historias nas que nais e fillas se insultan, se respectan, se apertan, se pelexan, se buscan, se distancian, se ignoran, se coidan, se odian e, por suposto, se queren. Unha comedia escura e tenra para toda a familia (nais e fillas incluídas).