Farándula Velutina fixo vibrar co teatro á familia da SCD Brens
09:56 10/02/26
Unha vez máis Brens demostrou que lle gusta e moito o teatro. A familia da SCD vibrou da man de Farándula Velutina coa súa obra "Mamá". Unha obra que conta co guión de Fernando Castro Paredes, a dirección Marina Gómez e o propio mestre do IES Fernando Blanco, cun elenco formado por Andrea Rodríguez, Elisa Lema, Cris Martínez e Ariadna Castro
Durante unha hora deleitaron a un numeroso grupo de persoas que acudiron a Brens a presenciar teatro "do bo", cun tema tan actual como é as relacións entre as nais e as fillas.
Ademais, tanto Fernando como Marina levaron un fermoso agasallo: un exemplar dos seus libros adicados á xente de Brens. O libro de Fernando, foi sorteado entre os asistentes a obra.






