Unha ferida tras unha saída de vía en Bermún

07:12 29/09/22
Os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico de Corcubión e o 061 de Vimianzo tiveron que acodir na tarde de onte a socorrer as vítimas dun accidente que se producía ás 18:15 no lugar de Bermún, Pereiriña, en Cee. Un vehículo saíase da estrada DP2303, caendo por un pequeno desnivel, provocando certa inestabilidade no mesmo.
Os Bombeiros tiveron que estabilizalo con puntais e tacos para poder extraer á ferida do vehículo, que foi trasladada ao hospital.
Fixo falta un guindastre para recuperar o vehículo.