Un fin de curso moi especial por Cee e Fisterra
O pasado venres foi o último día do curso escolar. E pola comarca de Fisterra disfrutárono a tope.
Pasou Rafa Quintáns, por exemplo, polo Campamento, organizado pola ANPA Uxío, para o alumnado do CEIP Eugenio López. Como vén sendo habitual, o camping de Estorde acolleu tres días tremendamente especiais para os maiores do cole. A visita da familia de Protección Civil foi a máis ilusionante.
Ademais, o propio venres, no centro ceense celebrouse unha festa con inchables e merendola, coa gran traca final, a esperadísima festa da escuma.
Mellores expedientes do Agra Raíces
Tamén en Cee, pero un pouco máis arriba, os mellores expedientes 2018-2019 do IES Agra Raíces foron recoñecidos coas becas da Fundación Fernando Blanco, co patrocinio de Bazarra. Foi o propio Julio López, da Estación de Servizo, o que arengou aos estudiantes a seguir medrando academicamente.
Mural, andaina e Blues en Fisterra
Tamén tiveron un fin de curso moi especial os do Mar de Fóra de Fisterra. Subiron en tren ata o Faro, onde deixaron as súas pegadas (nunca mellor dito) en forma de mural sobre o medio ambiente. Baixaron ata o centro a pé, e á volta tiveron un concertazo de blues no marco do Fisterra Blues Experience!!