Fotodesfeita: Pintadas de "Cee" en Corcubión
19:40 30/09/12
Dende correos, pasando polo Quiosco, á casa de ao lado do Pazo, ao Bar Bujeiro, o Campo do Rollo, e mesmo ata Arca. Alguén con pouco gusto e menos orixinalidade adicouse a pasada noite a deixar estas pintadas (dende logo non chegan a graffitis) por todo Corcubión.
Ademais, a varios coches da zona sur da vila pintáronlles as matrículas de negro.
Parece que as tonterías localistas volven florecer de cando en vez.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).