Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”

“Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”
Marcos Rodriguez Medalla de Prata na Copa do Mundo de Fotografia

Que alegría danos ver un costeiro na final da Copa do Mundo de Fotografía, a World Photographic Cup. E se ademais trae consigo a medalla de Prata, podemos estar máis que orgullosos. Nós estamos particularmente contentos, pois vimos como creceu como profesional, dende a súa chegada a Cee, a creación do seu estudio co que compartíu centos de fotos con QPC antes de ser fichado por La Voz. E velo a día de hoxe a este nivel, é para estar máis que contentos.

Acodía o fotógrafo carballés a Montpellier a entrega de premios. Xa tiña segurado o podio pero quería saber a cor do metal na categoría de “Reportaxe / Foto xornalística”. Foi o español Roberto Alonso Quintana, o que levou a medalla de ouro, pero MR quedou por diante do australiano, Joshua Holko.

Marcos Rodríguez recollendo a medalla de Prata da World Photografic Cup

E o fixo con esa foto fantástica dun dos temporais do ano pasado, con dous veciños de Arou escapando das ondas do bravo mar camellán.

El mesmo nos contaba que “para min chegar ata aquí non é nin un soño porque nunca aspirei a tanto”, pero sen embargo recoñece que “foi unha pasada ver unha das miñas fotos proxectadas aí arriba”, no medio da entrega. “Gañar a prata nunha Copa do Mundo e cunha fotografía da Costa da Morte que representa á perfección o que a xente pensa dela… Emocióname”, cóntanos.

Sen máis, só podemos enviarlle os nosos meirandes parabéns. Noraboa amigo, o traballo ten a súa recompensa pero o talento hai que telo!

Marcos Rodriguez finalista da WPC

Novas relacionadas

Máis información

Entrevistas con Marcos Rodríguez

Máis novas de Marcos Rodríguez

De viaxe con Marcos

Fonte

Comentarios