Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Gran expectación en Carballo e Cee para as charlas formativas para familias sobre o Trastorno do Espectro Autista

Charlas sobre Autismo Costa da Morte
Gran expectación en Carballo e Cee para as charlas formativas para familias sobre o Trastorno do Espectro Autista

Moi necesaria é a formación das familias en materia de inclusión educativa. Pais e nais non sabemos como educar aos nosos fillos para que traten mellor aos seus compañeiros e compañeiras con Necesidades Especiais. E precisamente para iso están formuladas as dñuas charlas que se van celebrar en Cee e Carballo.

O 24 de maio en Cee

Xa pasou polo IES da Ponte do Porto o pasado 15 de maio, e a gran acollida que tivo fai que o Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR) siga apostando por esta clase de sesións formativas para as familias. A cita con Marlen Horna Castiñeiras sobre como comprender o autismo e as súas condutas será o venres 24 de maio ás 18:00h no auditorio da Casa da Cultura. A autora do libro “Niñas y niños en el espectro del autismo. Comprensión y estrategias prácticas de apoyo educativo”, publicado en 20221 por Editorial CCS, dará moitas claves tamén para formadores.

O sábado 25 de maio en Carballo

Gran satisfacción na Agrupación Deportiva Un paso máis pola acollida que estántendo as primeiras Xornadas sobre inclusión socioeducativa no ámbito do Trastorno do Espectro Autista (TEA) que se celebrarán o 25 de maio no Edificio Forum carballés.

Familias e docentes de 20 concellos deferentes Concellos confirmaron a súa presencia. Este evento, que se destaca pola súa lista de expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, tamén contará coa presenza de autoridades e personalidades notables.

Comentarios