"Hai unha nova xeración no sector hostaleiro da Costa da Morte"
21:02 01/09/10
Achegámonos a Cee para falar cun dos empresarios do sector hostaleiro da bisbarra con máis ganas de facer cousas. Ricardo Darriba Couñago, natural de Redondela, xa leva case que unha década polas terras da Costa da Morte. Porque el, ao igual que moitas axencias de viaxes, ten claro: "En 10 anos, o posto que ocupan as Rías Baixas será tomado pola Riveira Sacra e a Costa da Morte".
Malia que o sector está vivindo unha ocupación irregular no primeiro tramo de verán, tanto no Hotel Insua de Cee, como no Albergue O Camiño das Estrelas a temporada vai campeando. "Non está sendo como esperabamos, pero o que si notamos é que esto crece ano tras ano".
De "tesouro" califica Ricardo o Camiño de Santiago. Este verán é un exemplo e os establecimentos que se atopan polo Camiño están tendo unha maior ocupación que os do resto da bisbarra. A aposta do Hotel pola creación do Albergue é unha firme confirmación de que o peregrino si que deixa cartos na Costa.
Unha nova xeración no sector máis unida
Malia que o sector hostaleiro da Costa da Morte está realmente desperdigado, Ricardo ten boas sensacións de cara ao futuro. "Noto que hai unha nova xeración no sector hostaleiro da Costa da Morte. Xente nova con gañas de facer as cousas doutro xeito, máis conxuntamente", asegura. Así, a unión é fundamental que para a industria do turismo siga creando postos de traballo. Temos claro que, a día de hoxea a Costa pode calificarse perfectamente de "zona deprimida". Por iso a "unidade do sector" é fundalmental. "Pouco a pouco", iso si, comenta Ricardo. Da cooperación poden saír moitas propostas. Un exemplo o ben que funcionan iniciativas conxuntas como a Ruta dos pinchos ou as Xornadas Gastronómicas. Pero polo sur da Costa falta moito. "A zona de Begreira e ata Dumbría é un gran exemplo de traballar conxuntamente. En todos os establecimentos teñen infomación compartida". O Insua está a traballar conxuntamente con outras empresas, tratando de ofrecer paquetes máis completos aos visitantes. Así traballa con Cataventos Escola de Vela para a ruta en kaiak ou Marcos Rodríguez Fotografía. Se por Ricardo fora, estas colaboracións faríanse con outra ducia de empresas da zona. Iso si, para que o sector poida unirse de verdade "só falta comezar con boas reunións conxuntas coa Deputación, a Xunta, Neria, APTCM e os concellos"."Por que a xente marcha da Costa?"
"Por que a xente marcha da Costa? Nós temos buscado moito e a xente ás veces prefire marchar porque ten unhas condicións moito máis favorables". Así entende Ricardo o éxodo da xente a zonas como Canarias, a traballar no sector da construción o na propia hostelería, pero cunhas condicións laborais moito máis favorables que na Costa da Morte. Ademais, para Ricardo a creación dunha escola de hostelería na Costa sería fundamental para o desenvolvemento do sector."A Costa vénde soa"
"A virxinadade da zona é algo moi apreciado por Europa", afirma. Ricardo cóntanos a historia dun visitante alemán, que escribía guías internacionais. Agarrouno e sacouno de pase dende Camariñas a Carnota. O guía non parou de sacar fotos un só minuto. O que si bota en falta Ricardo é o traballo coas Axencias e as guías internacionais. "A Costa da Morte non é tan coñecida aínda en Europa, pero a xente que vén chega encantada. E repite. Por iso fai falta promoción internacional. O papel das axencias é moi importante e ás veces poñemos pouco interese".Servizo de Transporte Colectivo
O seu compromiso coa bisbarra e co sector demóstrao o Hotel Insua co patrocinio dos carteis cos horarios de autobuses e da nova web www.busescostadamorte.com. O Hotel Insua de Cee, e con el o Albergue O Camiño das Estrelas apostan por unha mellora do servizo de transporte colectivo para que o turismo na Costa da Morte siga crecendo. E non deixen de botar un ollo en www.todocostadamorte.com, a web onde os 4 establecimentos do grupo se promocionan ao carón da promoción de toda a zona.Novas relacionadas
- QPC e o Hotel Insua cos Autobuses da Costa da Morte.
- QPC leva os horarios de autobuses integrados pola Costa da Morte.
- Ocupación irregular no comezo do verán xacobeo.
- O sector hostaleiro de Fisterra volve á carga contra a "piratería".
- Unha axencia galega prepara xa rutas pola Costa.
- Un roteiro polos castelos da ría de Corcubión en Kaiak.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
- O peregrino si que deixa cartos na Costa.
- APTCM presenta na Fitur a Central de Reservas.
- Aberto o prazo para o curso de Comunicación Empresarial da APTCM.
- Hoteis e Casas Rurais da Costa aproveitan as posibilidades das redes sociais.
Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected]).