Venres. 11.10.2024
El tiempo

O Hospital de Cee leva un mes sen psiquiatra

Hospital Virxe da Xunqueira
O Hospital de Cee leva un mes sen psiquiatra

O psiquiatra do Hospital de Cee Cee leva un mes de baixa, pero dende o Sergas non cubren a praza. Así o denuncia o BNG local, lembrando os eternos problemas de persoal que vive a atención primaria e o hospital costeiro.

Unha demostración máis da falta de importancia que a Xunta lle dá á saúde mental, “un déficit endémico no sistema público que afecta directamente ao coidado das persoas que sofren este tipo de doenzas”. Lembran ademais que “a pandemia está a agravar a situación e deixa en evidencia que se antes da COVID os servizos de saúde mental eran raquíticos, agora son absolutamente insuficientes para atender as secuelas que deixa o virus tamén neste ámbito”.

“É intolerable que un hospital que da cobertura a tanta xente poida estar semanas sen profesionais tan necesarios e que non teñen fácil sustitución. Estamos a falar de persoas con problemas de saúde que poden repercutir en algo moi serio e perxudicial para elas e as súas familias”, declarou Serxio Dominguez Louro, portavoz do Bng de Cee.

Por iso, o deputado do Bng no parlamento de Galiza, Daniel Perez, vai rexistrar unha pregunta na comisión correspondente e a instar ao goberno a dar solución inmediata a tal anomalía. O goberno de Feijoo está a xogar coa saúde das persoas, a deixalas indefensas mentres a única saída que se lles da é “que vaian a Coruña ou a un privado”.

Máis novas sobre Atención Primaria e Recortes

Comentarios